Asociación Terras de Compostela – ENTIDADE DE “PORTAS ABERTAS” – ASÓCIATE!!!
Terras de Compostela, é unha asociación sen ánimo de lucro que está constituída por entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, ambiental e profesional do territorio así como polos 10 concellos que formar o territorio (A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Teo, Santa Comba, Santiago de Compostela, Val do Dubra e Vedra).
A asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para acadar os fins estatutarios.
Na Asociación rixe o “principio de PORTAS ABERTAS” dende a súa creación, polo que si representas a algunha das seguintes entidades, e estás interesado en formar parte do Grupo de Desenvolvemento Rural, podes solicitar ADHESIÓN e participar activamente como membro da nosa entidade:
- ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO (asociacións, fundacións…).
- COMUNIDADES OU MANCOMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
- As ASOCIACIÓNS e ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS.
- As ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS
- ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL:
cooperativas.
sociedades agrarias de transformación.
sociedades laborais.
Para contactar:
info@terrasdecompostela.org
Teléfonos: 981 818 357 / 610 922 335 / 617 129 702