Abril 8, 2025
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 22/04/2025
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 22/04/2025
Asociación Terras de Compostela convoca aos seus asociados á Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Terras de Compostela, que se celebrará o vindeiro MARTES, día 22 de ABRIL de 2025, ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria, no Centro Sociocultural Pedro Barrié de la Maza – Lugar Pumares, parroquia Sergude (Boqueixón), coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación, se procede, da acta de Asemblea Xeral Ordinaria de data 11 de xuño de 2024.
- Aprobación, se procede, das contas anuais e da memoria de actividades do exercicio 2024.
- Informe anual de avaliación e seguimento da posta en práctica da Estratexia de Desenvolvemento Local ate a anualidade 2024, e no seu caso, acordos a tomar.
- Aprobación, se procede, do orzamento e da memoria de actividades prevista para o exercicio 2025, e no seu caso, acordos a tomar.
- Nomeamento dos membros da Xunta Directiva, consonte ao disposto nos Estatutos da Asociación Terras de Compostela.
- Estado Xeral de funcionamento da Asociación e no seu caso, acordos a tomar.
- Rogos e preguntas.