ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 15/10/2026

 Asociación Terras de Compostela convoca aos seus asociados á Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Terras de Compostela, que se celebrará o vindeiro XOVES, día 15 de OUTUBRO de 2026, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria, na Sede do GDR Terras de Compostela-Lugar Cibrán nº4-San Xián de Sales (Vedra), coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Asemblea Xeral Ordinaria de data 22 de abril de 2025
  2. Aprobación, se procede, das contas anuais e da memoria de actividades do exercicio 2025.
  3. Ratificar a aprobación do Informe Anual de Avaliación e Seguimento da posta en práctica da Estratexia de Desenvolvemento Local (EDL) da anualidade 2025.
  4. Aprobación, se procede, do orzamento e da memoria de actividades prevista para o exercicio 2026, e no seu caso, acordos a tomar.
  5. Estado Xeral de funcionamento da Asociación e no seu caso, acordos a tomar.
  6. Nomeamento dos membros da Xunta Directiva, consonte ao disposto nos Estatutos da Asociación Terras de Compostela.
  7. Rogos e preguntas