📅 11 de xullo.

Convidámoste a descubrir o Pico Sacro a través dos 4 elementos da natureza: terra, auga, aire e lume.
Ao longo desta actividade vivencial exploraremos como estes elementos están presentes en nós mediante dinámicas de mindfulness, movemento consciente e arteterapia, aproveitando os diferentes espazos deste lugar tan singular.

✨ Mergullarémonos nun ambiente envolvente para imaxinar o antigo Monte Ilicino da Raíña Lupa e o seu cenobio benedictino.

🕒 Duración: entre 1 hora e media e 2 horas.
🎟️ Actividade gratuíta con prazas limitadas.
📌 Dirixida a persoas adultas.

➡️ Reserva a túa praza:
https://forms.gle/Vi4E3ov7gp5p2uWp9

ℹ️ No caso de aprazamento, informarase a través das redes sociais do @concellodeboqueixon e mediante correo electrónico ás persoas inscritas.

Actuación cofinaciada pola Axencia de Turismo de Galicia