Ruta do río Tambre: de Chaián á Illa do Refuxio

  • Inicio: Área recreativa de Chaián

  • Fin: Área recreativa do Refuxio

  • NON Circular

  • Sendeirismo

  • 16 km

  • 4-5 h

  • Moderada

  • Grupos de adultos

O río Tambre, no treito medio da súa bacía, conserva interesantes valores ambientais que o fixeron merecedor de ser incluído na Rede Natura 2000, unha rede europea de espazos naturais que deben ser preservados pola súa contribución á biodiversidade comunitaria, tanto de hábitats naturais como de especies de flora e fauna.

O treito incluído na zona protexida, definido como Lugar de Interese Comunitario (LIC), discorre entre a confluencia do río Maruzo, en Frades e o río Sionlla, xa en Santiago de Compostela; ademais, outros afluentes como o Sanmo, o Lengüelle e varios pequenos tributarios destes. No treito protexido, do que esta senda percorre a parte máis meridional, o río Tambre discorre por unha zona relativamente chaira, con escasa pendente.

O Tambre tamén é o un río de grande importancia para Santiago de Compostela por abastecer de auga potable ao concello (á potabilizadora está precisamente moi preto da área recreativa de Chaián, augas abaixo). As súas augas, unha vez usadas e despois de depuralas, volven ao outro río, o Sar, que xa pertence á bacía do Ulla.

PUNTOS DE INTERESE

Áreas recreativas situadas nos puntos de inicio e fin: Chaián e Illa/Ínsua do Refuxio

Camiño Inglés

Santiago de Compostela

VISOR INTERACTIVO

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Visítanos

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA

Conecta

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google