Ruta do río Sar

  • Inicio: Carballeira do Santo Arandel

  • FIN: Carballeira do Santo Arandel

  • Circular

  • Sendeirismo

  • 7,5 km

  • 2h 30m

  • Dificultade: Media – Baixa

  • Sinalizada parcialmente

O primeiro tramo da ruta empeza na carballeira do Santo Arandel, entre Chave de Ponte e Beca. Aos poucos metros a ruta torce cara á dereita, bordeando os prados do campo de Xandras, dirixíndose logo á aldea de Xinzo, aldea que hai que atravesar para a continuación facer un tramo pola estrada en dirección ao monte do Castro Lupario.

Logo de desfrutar da vista panorámica que hai no alto do Castro, baixamos de novo camiño do río Tinto, onde se atopa a Ponte Paradela ou ponte do río Tinto, que antigamente servía de paso entre os concellos de Brión e Teo. Continuando a camiñata pola beira esquerda do río, subimos ata o monte Goiñas, desde onde se pode desfrutar doutra fermosa vista do val da Mahía en Bastavales, véndose desde aquí o Castro Lupario, as aldeas de Beca e Xinzo e incluso a igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales.

PUNTOS DE INTERESE

Castro Lupario

Puente romano de Paradela o Ponte de Francos

VISOR INTERACTIVO

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Visítanos

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA

Conecta

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google