Ruta do río Dubra ou da Devesa de Gontar
-
Inicio: Estrada de Bembibre a Santiago (a 2,900m do Concello)
-
Fin: Estrada de Bembibre a Santiago (a 2,900m do Concello)
-
Circular
-
Sendeirismo, cicloturismo?
-
6 km
-
1h 30min
-
Dificultade Baixa
-
Todos os perfís
Gran parte da ruta discorre á beira do ría Dubra e baixo o túnel vexetal de amieiros, freixos e salgueiros. Tamén podemos percorrer prados e campiñas gandeiras, salpicados de carballeiras e piñeirais.
Lugar de inicio difícil de localizar. Lugar de inicio: Estrada de Bembibre a Santiago, a 2.900 metros dende a Casa do Concello. Comeza nunha pista de terra que se desvía da estrada a man dereita (dirección Santiago), sinalizada cunha baliza. Poucos metros máis adiante, nun espazo á beira da estrada, hai un panel informativo sobre a Ruta, xunto a unha parada de autobús.
PUNTOS DE INTERESE
Vexetación típica de río e bosques autóctonos.