Ruta da Ribeira do Tambre

  • Inicio: Área recreativa de Fiopáns

  • FIN: Área recreativa de Fiopáns

  • NON Circular

  • Sendeirismo

  • 5,5 km

  • 2h

  • Dificultade: Media-Baixa

  • Familias, Parellas

  • Paneis con mapas no bordo da estrada de acceso á area recreativa de Fiopáns

O percorrido comeza atravesando A Pontella, unha antiga ponte de pedra sobre o río Portalaxe. Carballos e ameneiros son as principais especies que se ven no percorrido. De feito, un dos atractivos da ruta é o Carballo de Cancelos, que ten 6 metros de diámetro e está considerado un dos máis grandes de Galicia.

Entre a fauna da zona, a troita é a máis abundante. De feito, da abundancia deste peixe nos ríos da Baña, dan conta varios topónimos da zona, como Troitomil ou Troitosende. Destacar tamén o Muíño da Calexa, restaurado e que aínda funciona.

Tras pasar fronte a área recreativa de Tapia, chégase á ponte de Portochán, que une A Baña co concello de Ames. (Conexión coa Ruta do Rego Andoriña, de 5,2 km).

O sendeiro recomendado remata en Portochán para volver percorrer o mesmo tramo de volta ata Fiopáns.

PUNTOS DE INTERESE

A Pontella, antiga ponte de pedra sobre o río Portalaxe.

Carballo de Cancelos, de 6 metros de diámetro e considerado un dos máis grandes de Galicia

Muíño da Calexa, restaurado e que aínda funciona

Área recreativa e praia fluvial de Tapia, na outra beira (visible; accesible pola ponte de Portochán)

Conexión coa Ruta do Rego Andoriña (Ames), circular, 5,2 km.

VISOR INTERACTIVO

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Visítanos

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA

Conecta

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google