Ruta á beira do Xallas

  • Inicio: Praia fluvial de Esmorode

  • Fin: Praia fluvial de Esmorode

  • Circular

  • Sendeirismo

  • 10,5 km

  • 2h 30m

  • Dificultade: Media-baixa

  • Grupos de adultos

  • Sinalización prevista no plan de sinalización 2020

Andaina Circular a beira do río Xallas de 10.5km, sen sinalizar (promovida polo Concello e Asoc. Os tratasendas). Saída desde Esmorode, pasando pola praia fluvial e dirixíndose cara a Présa do Outeiro e a Ponte de Tapia, o camiñante descubrirá pequenos paraísos. Desde Tapia, achegaranse ata a Área Recreativa da Ponte Vella da Pereira, espazo onde hai rehabilitados varios muíños de río, neste caso no Abuín, principal afluente do “Pai Xallas”. A volta será por camiños que nos levarán á outra beira do Xallas, para voltar ao punto de partida.

Este sendeiro está incluído dentro da iniciativa de Andainas “Coñece o teu concello”, promovidas polo Concello de Santa Comba en colaboración coa asociación Os Trotasendas de Santa Comba. A día de hoxe a área da ponte vella de pereira xa non está no estado de recuperación como antes, porque deixouse perder

PUNTOS DE INTERESE

Ponte Vella de Pereira

Ponte de Tapia

Muíños do Río Abuín

Présa do Outeiro

VISOR INTERACTIVO

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade

Configuración de cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google