PARQUES DE GALERAS E DA FINCA DO ESPIÑO

O parque de Galeras esténdese ao longo das marxes do río Sarela sobre un terreo case plano no que se xunta co regato Corgo. Esta valgada delimítana polo oeste a Finca do Espiño —frondosa e con romántico palacete modernista, que conta con merendeiros— e o monte Pío —onde está a residencia do presidente da Comunidade Autónoma de Galicia—, e polo leste a cidade monumental. Marca, por tanto, o límite entre a cidade e o contorno natural.
Galeras é sobre todo un gran prado, moi adecuado para o paseo, o xogo infantil e a práctica deportiva, que ten ademais nos seus bordos varias arquitecturas de autor, e cafetarías e restaurantes con vistas sobre o parque. Da Finca do Espiño, destacar ademais as súas vistas da cidade, da contorna e do solpor.

Dirección

Rúa das Galeras. Santiago de Compostela (A Coruña)

Concello

Santiago de Compostela

Localización (coordenadas)

42°52’59.1″N 8°32’58.5″W

Como chegar

http://bit.ly/2ZGvylo

Accesos

Axeitados (zona  urbana)

Río

Sarela (alfuente do río Sar)

Praia fluvial / Zona de baño

Non

Socorrismo

Non

Periodo de funcionamento

Todo o ano

Actividades

Non

Días e horarios

Non aplica

Reserva previa

Non aplica

Ruta Asociada

Paseo fluvial do Sarela

Capacidade  
Parking

Si 

Accesible persoas con minusvalías

Si 

Bar

Si (varios bares na contorna leste do parque de Galeras)

Baños

Non

Duchas

Non

Piscina infantil

Non

Ludoteca

Non

Barbacoa

Non

Mesas

Si (no contiguo parque da Finca do Espiño)

Parque infantil

Si

Zona deportiva

Si

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Visítanos

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA

Conecta

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google