Tras coñecerse o fallo do xurado da undécima edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, queremos felicitar a un dos nosos promotores  que resultou galardoado e agradecerlle a súa contribución a prol da dinamización do rural galego.

Na sección de turismo resultou agraciado “ENOTURISMO MARIA MANUELA, S.L.” do concello de Boqueixón.

María Manuela ofrece aos visitantes seis cabanas colgantes de madeira integrados na paisaxe, respectando ao máximo os valores naturais e ambientais da contorna e con capacidade para 18 persoas.

Pero María Manuela, non só é turismo, senón que é unha iniciativa máis global, onde o descanso e a desconexión no medio da natureza combínanse coa viticultura e o pracer de degustar os seus viños da subzona Riberas do Ulla. No terreo onde se instalou este complexo turístico, existe unha plantación de viño albariño en produción, protexida pola D.O. Rías Baixas e está prevista a construción dunha adega para a produción e presentación do viño da propiedade.    

PARABENS!!

https://www.facebook.com/103888784355255/photos/a.104712790939521/386089969468467